Patrimonio cultural
A obra que tes entre as mans mostra, baixo títulos suxestivos, espectaculares imaxes acompañadas dun breve texto que, dunha forma curiosamente orixinal, proporciona algún dato do que aparece en cada fotografía.
Considerando o número de especies fotografadas, así como a súa diversidade, formas e cores representadas, parece que estamos diante dun pequeno tratado de botánica, onde podemos ver musgos, fungos, fieitos, plantas superiores (as máis numerosas) e até algún dos insectos relacionados co mundo vexetal.Como as especies comprendidas nesta colección son as máis coñecidas e abundantes no noso país, o tratado resultará moi interesante para todas as persoas amantes da natureza, que atoparán os exemplares retratados...